luns, 22 de abril de 2013

Experiencia do libro viaxeiro

Descrición da actividade “O libro viaxeiro”

Para traballar cunha unidade relacionada co Castelo de Vilasobroso, as alumnas e alumnos de 3º da E.S.O. acuden á Aula de Informática para recabar información do lugar, situación, historia, condicións, estado de conservación, etc.

A continuación, tras ter visto na unidade anterior o pasado simple e o pasado continuo, a alumna número 1 do grupo ten que iniciar unha historia. Para elo redacta un texto nun folio, amósao á unha/un compañeira/o para que lle axude a correxilo e despois xúntase co profesor para darlle o visto bo final. Unha vez tido o texto definitivo, deberá escribilo nun folio xunto a un debuxo feito a man que ilustre o seu texto e darallo ao alumno número 2 da clase.

O alumno 2 ten que ler o inicio da historia e continuala segundo lle pareza, repetindo os pasos que seguíu a iniciadora da historia para correxir o seu texto. Cando teña feito o seu folio coa ilustración, daralle o seu folio xunto có da alumna 1 á alumna 3 da lista que repetirá o proceso.

Unha vez a última alumna da lista remata a historia, o profesor recolle todos os folios cos textos e ilustracións feitas polas/os alumnas/os lerase na clase e entre todas/os faranse propostas para darlle un título ao libro. Votarase polo título que máis guste e a continuación, cada alumna/o terá que facer un deseño da portada do libro. Unha vez expostas as posibles portadas decidirase cal é a que máis gusta.

Cando o proceso de producción estea rematado o profesor levará a imprimir o traballo para darlle o formato dun libro. Alternativamente, se en Tecnoloxía traballaron sobre como facer o traballo de impresión dun libro, faranno entre eles coma práctica de dita asignatura.

O que se persegue con esta actividade é motivar a todas e todos as/os alumnas/os para que traballen e se involucren nun proceso conxunto e se sintan importantes por ser capaces de facer algo en común e orixinal. A historia vai evoluindo, segundo vai de mans en mans, sendo todas as aportacións á mesma igual de valiosas. Ao mesmo tempo, o feito de que teñan que ilustrar a historia favorece que as/os alumnas/os que lles guste o debuxo poidan aportar a súa
habilidade no campo da ilustración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario