Etiquetas

Amosando publicacións coa etiqueta Propostas Castelo Vilasobroso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Propostas Castelo Vilasobroso. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de maio de 2013

venres, 10 de maio de 2013

Vivindo aventuras no castelo do Sobroso!

Os nenos e nenas de 2º A imos comprobar como pasa o tempo, vivindo unha serie de aventuras no castelo de Vilasobroso.


xoves, 9 de maio de 2013

A trigonometría no castelo de Vilasobroso

Canto mide o castelo? E a torre da Homenaxe? Seguindo esta guía poderemos obter a resposta a esta pregunta. Pincha na imaxe para vela.


luns, 22 de abril de 2013

Los templarios

Aquí tenéis mi trabajo de los templarios.

Experiencia do libro viaxeiro

Descrición da actividade “O libro viaxeiro”

Para traballar cunha unidade relacionada co Castelo de Vilasobroso, as alumnas e alumnos de 3º da E.S.O. acuden á Aula de Informática para recabar información do lugar, situación, historia, condicións, estado de conservación, etc.

A continuación, tras ter visto na unidade anterior o pasado simple e o pasado continuo, a alumna número 1 do grupo ten que iniciar unha historia. Para elo redacta un texto nun folio, amósao á unha/un compañeira/o para que lle axude a correxilo e despois xúntase co profesor para darlle o visto bo final. Unha vez tido o texto definitivo, deberá escribilo nun folio xunto a un debuxo feito a man que ilustre o seu texto e darallo ao alumno número 2 da clase.

O alumno 2 ten que ler o inicio da historia e continuala segundo lle pareza, repetindo os pasos que seguíu a iniciadora da historia para correxir o seu texto. Cando teña feito o seu folio coa ilustración, daralle o seu folio xunto có da alumna 1 á alumna 3 da lista que repetirá o proceso.

Unha vez a última alumna da lista remata a historia, o profesor recolle todos os folios cos textos e ilustracións feitas polas/os alumnas/os lerase na clase e entre todas/os faranse propostas para darlle un título ao libro. Votarase polo título que máis guste e a continuación, cada alumna/o terá que facer un deseño da portada do libro. Unha vez expostas as posibles portadas decidirase cal é a que máis gusta.

Cando o proceso de producción estea rematado o profesor levará a imprimir o traballo para darlle o formato dun libro. Alternativamente, se en Tecnoloxía traballaron sobre como facer o traballo de impresión dun libro, faranno entre eles coma práctica de dita asignatura.

O que se persegue con esta actividade é motivar a todas e todos as/os alumnas/os para que traballen e se involucren nun proceso conxunto e se sintan importantes por ser capaces de facer algo en común e orixinal. A historia vai evoluindo, segundo vai de mans en mans, sendo todas as aportacións á mesma igual de valiosas. Ao mesmo tempo, o feito de que teñan que ilustrar a historia favorece que as/os alumnas/os que lles guste o debuxo poidan aportar a súa
habilidade no campo da ilustración.

domingo, 14 de abril de 2013

xoves, 17 de xaneiro de 2013

QUEN VIVE NO CASTELO DE VILASOBROSO?

As mestras de 1º de primaria( Isabel Fernández e María Franco) diseñamos un pequeno proxecto sobre  o castelo de  Vilasobroso.
QUEN VIVE NO CASTELO DE VILASOBROSO?



Podedes ver as distintas actividades que fixemos en relación co proxecto no seguinte enlace:

O SITE DE 1º DE PRIMARIA