domingo, 19 de maio de 2013

Descubrimos Mondariz?

Aínda que, dende o comezo do curso xa tiñamos a idea de realizar un proxecto sobre Mondariz, cando Asun veu contarnos os que se levaran a cabo dende a biblioteca do seu centro, foi cando comezamos a ter unha idea de como queriamos plantexar o noso. Aquí vos deixo un enlace para que vexades o que eles programaron.



Algúns dos resultados do que fixeron poden verse no seguinte link:


Chegou a hora de coñecer o noso concello. Temos a continuación a táboa de contidos que elaboramos no seminario "A biblioteca como promotora de proxectos". Aquí tedes unha serie de contidos que a nós se nos ocurriu que se poden traballar para coñecer o concello. 




A idea é que aqueles profesores que se queiran sumar ao proxecto, pensen en qué contidos da súa materia poden traballar dende a nosa vila e os seus arredores. Como mostra do que se pode facer, tedes as propostas dos membros do seminario sobre o Castelo de Vilasobroso e sobre os foxos de lobo, nas outras pestañas deste blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario